InicioPolíticaO BNG denuncia que o ximnasio de O Berbés carece de seguro...

O BNG denuncia que o ximnasio de O Berbés carece de seguro de accidentes

O concelleiro Filipe Abalde reclama explicacións ao Concello tras a lesión dun usuario de 74 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo esixiu explicacións ao goberno local tras coñecerse que o ximnasio municipal de O Berbés carece de seguro de accidentes, algo que volve demostrar a “total falta de mantemento” nas instalacións deportivas municipais.

Así o trasladou o concelleiro nacionalista Filipe Abalde, que explicou que a falta de seguro en O Berbés coñeceuse despois de que un usuario de 74 anos sufriu unha lesión “polo mal estado dun equipo” (un banco de musculación). Ao home, aseguraron desde do BNG, informóuselle de que o ximnasio non ten póliza, e foi derivado a un centro médico do Sergas “coa instrución de que mentise sobre o lugar do accidente”.

“Esta é a magnífica xestión deportiva da que se atreveu a presumir Abel Caballero no pleno no que demandamos solucións”, ironizou o edil do BNG, que tachou de “aberrante” que o Concello non responda coas mesmas garantías que calquera instalación deportiva privada en caso de accidente.

Por iso, o BNG pedirá explicacións ao concelleiro de Deportes, Manel Fernández, na próxima Comisión Informativa, xa que o usuario afectado denunciou que está baixo “un total desamparo”.

Máis aló diso, o concelleiro lembrou que este é un exemplo do “abandono” das dotacións deportivas municipais de Vigo, con ximnasios afectados por peches intermitentes, equipamentos en mal estado, e outras deficiencias. “Xa basta de tomaduras de pelo e deixamento, os vigueses e viguesas merecen uns ximnasios municipais dignos, con horarios de apertura amplos, instalacións limpas, ben mantidas e equipamentos seguros”, proclamou Filipe Abalde, que confirmou o apoio do BNG á protesta convocada para este venres pola Federación Veciñal ás 19.30 horas ante o gimansio de Berbés, para reclamar melloras nestes servizos.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...