InicioSucesosDetido en Vigo por agredir á súa parella pese a orde de...

Detido en Vigo por agredir á súa parella pese a orde de afastamento

A Policía Local actuou tras recibir aviso dunha discusión na praia dos Olmos, preto de Samil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a un home de 56 anos de idade como presunto autor dun delito de violencia de xénero e outro de quebrantamento de medida, tras agredir á súa parella, da que ten unha orde de afastamento.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado luns, cando o 092 recibiu un aviso para acudir á praia dos Olmos, preto de Samil, onde se estaba producindo unha rifa de parella.

Ao chegar, os axentes viron á parella no interior dunha tenda de campaña. Ao decatarse da presenza policial, o home tratou de espertar á muller que, aparentemente, estaba desmaiada; pero esta non reaccionou ata que o home saíu da tenda.

A muller explicou aos axentes que tivera unha discusión co home, a súa parella, e presentaba unha lesión recente na cella esquerda. Aínda que inicialmente dixo que era unha ferida producida por accidente, finalmente recoñeceu que, no transcurso da discusión, a súa parella empuxáraa, e que ela se caeu e golpeouse contra unha roca.

Esta versión foi corroborada por varias testemuñas, que observaran claramente a agresión. Ademais, os policías comprobaron que o home ten en vigor unha orde de afastamento con respecto a ela, ditada polo xulgado de instrución 3 do Porriño. Por todo iso, procederon á súa detención.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...