InicioSucesosDetido tras ser sorprendido roubando no interior de varios vehículos

Detido tras ser sorprendido roubando no interior de varios vehículos

Ao pedir que se identificase, o home achegou inicialmente datos falsos, aínda que a Policía puido comprobar despois a súa identidade real.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo nas últimas horas a un home de 40 anos de idade, J.C.E., como presunto autor de varios roubos con forza en vehículos estacionados na cidade. Os feitos ocorreron na madrugada deste luns, cando unha patrulla acudiu á calle Fotógrafo Felipe Prosperi tras recibir un aviso pola presenza dun home sospeitoso merodeando entre os coches.

Unha vez na zona, os axentes observaron a un home saíndo de forma apresurada dun turismo aparcado en cálea Anxo Chairos, cuxas características coincidían coas facilitadas pola testemuña que chamara ao 092. Ao pedir que se identificase, o home achegou inicialmente datos falsos, aínda que a Policía puido comprobar despois a súa identidade real. Cando foi interceptado ao saír do coche, o sospeitoso arroxou ao chan dúas lanternas.

Ao ser preguntado se era o dono do coche, recoñeceu que non, e os policías puideron constatar que a goma da porta dianteira que suxeita o cristal estaba levantada. Por iso, realizouse unha batida pola zona para pescudar se máis vehículos foran forzados, e atopouse un furgón co interior revolto, así como outro turismo do que, segundo o seu propietario, faltaban dúas lanternas (as que lle foron intervidas ao sospeitoso).

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...