InicioSociedadeVigo mantén “vixilancia máxima” nas súas zonas forestais para previr incendios

Vigo mantén “vixilancia máxima” nas súas zonas forestais para previr incendios

Policía Local e bombeiros patrullan con drones e vehículos, mentres efectivos colaboran en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo mantén activa a “vixilancia máxima” en zonas forestais da cidade para previr e detectar incendios, cun amplo despregamento da Policía Local, e continúa colaborando en labores de extinción do lume co envío de efectivos de bombeiros a zonas afectadas doutros lugares de Galicia.

Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, tras participar na reunión de seguimento do Comité Asesor do Plan Municipal de Emerxencias, a cidade viviu a ponte festiva con “absoluta normalidade”, á marxe dalgunhas intervencións de bombeiros para extinguir lumes de pouca entidade, como o rexistrado o pasado 15 de agosto na parroquia de Bembrive, do que os técnicos “teñen a sensación de que foi provocado”.

En todo caso, o rexedor insistiu en que se manteñen “todos os medios necesarios a plena capacidade” para ser utilizados en calquera momento, en caso de incendio, e cunha “vixilancia máxima”. Respecto diso, lembrou que a Policía Local, con vehículos e drones, mantén un control constante das zonas forestais, e leva a cabo identificacións de persoas e vehículos en caso de ver algo sospeitoso.

Igualmente, destacou, os bombeiros de Vigo están “en capacidade operativa absoluta” e, ademais de atender as demandas da cidade, os efectivos que non están activos estiveron cooperando con bombeiros e brigadistas noutras zonas de Galicia, como Muxía, Salceda de Caselas, Verín, Oímbra, Vilardevós ou Beade.

Nestes momentos, explicou Caballero, hai efectivos municipais vigueses de extinción traballando na Rúa (5 bombeiros e un camión) e leste mesmo luns sae outro retén para actuar onde sexa requirido.

A estes efectivos, no caso da cidade olívica, súmanse tamén os do servizo de Parques e Xardíns e os recursos que achegan o concesionarias FCC e Aqualia. O alcalde explicou tamén que a concesaria de bus urbano, Vitrasa, está a disposición para o que sexa necesario e que o Concello tamén ten preparado un pavillón (non quixo desvelar cal) con 50 camas por se houbese que reacoller a xente e non houbese prazas en establecementos de hospedaxe.

ÚLTIMAS

Concentración en Vigo pola aumento de accidentes e ritmos de traballo no naval

Decenas de persoas concentráronse este xoves en Vigo para denunciar o aumento da sinistralidade laboral...

Chaman a manifestarse este sábado en Vigo contra o xenocidio en Gaza

A Plataforma Cívica Vigo Pro-Palestina, integrada por máis de 40 entidades sociais, veciñais, sindicatos e...

O TSXG ratifica a condena a 15 anos de cárcere o acusado de violar ao seu fillastro en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a condena a 15 anos...

A UVigo participa nun proxecto para a detección satelital de incendios

Aistech Space, Telespazio Ibérica e Kreios Space, en colaboración coa Universidade de Vigo (UVigo),...