InicioSociedadeNigrán instala unha gran pancarta na fachada do Concello contra a "barbarie"...

Nigrán instala unha gran pancarta na fachada do Concello contra a “barbarie” e o “xenocidio” en Palestina

"Cada gran de area suma nesta loita pola paz. Queremos que se unan máis municipios, administracións e gobernos para, internacionalmente, forzar o cesamento da barbarie", subliñou o alcalde, Juan González, presidente ademais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Nigrán instalou unha gran pancarta na súa fachada contra a “barbarie” e o “xenocidio” en Palestina, animando a máis cidades a unirse a esta causa. Co lema: ‘Nigrán, non somos indiferentes. Paremos o xenocidio’, o cartel despregouse no balcón da Casa Consistorial acompañado da bandeira palestina. Ademais, o goberno local iniciou unha repartición de pulseiras co mesmo deseño. “Cada gran de area suma nesta loita pola paz. Queremos que se unan máis municipios, administracións e gobernos para, internacionalmente, forzar o cesamento da barbarie”, subliñou o alcalde, Juan González, presidente ademais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

“Temos o deber de situarnos no lado correcto da historia e de alzar a nosa voz en contra do asasinato de seres humanos indiscriminadamente. O que está a ocorrer só se pode cualificar de xenocidio e está a pasar ante a mirada impasible de todo o mundo. Non se pode consentir esta violación do dereito internacional en pleno século XXI”, engadiu. González criticou que “se empregue a fame como arma de guerra”. “O que está a ocorrer é unha auténtica atrocidade que non ten xustificación posible”, sentenciou, pedindo “empatía” a todos os cidadáns.

ÚLTIMAS

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Vigo homenaxeará a Baena e Sánchez-Bravo, últimos fusilados polo franquismo: “Despois de décadas de loita, imos vendo a luz”

O Concello de Vigo homenaxeará a Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez-Bravo, dous...

A UVigo levará a ciencia á rúa cunha cita rápida entre investigadores e un foro sobre os incendios

A Universidade de Vigo quere sacar a ciencia dos laboratorios e levala á rúa...

Caballero insiste en que Concello e Zona Franca fan máis vivenda en Vigo que a programada pola Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores a visita realizada polo presidente...