InicioSucesosDetido en Vigo por conducir unha moto dando bandazos e portar droga

Detido en Vigo por conducir unha moto dando bandazos e portar droga

Un home de 51 anos foi interceptado cunha cantidade importante de haxix e marihuana entre os seus xenitais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, A.F.R. de Vigo e 51 anos de idade, foi detido o pasado venres na cidade mentres circulaba coa súa moto dando banzados e portando entre os seus xenitais máis de 50 gramos de haxix e marihuana.

Os feitos ocorreron minutos antes das 08.00 horas na rúa Vázquez Varela, onde o home circulaba a unha velocidade “anormalmente reducida e dando bandazos”, segundo explican os axentes.

Por iso, déuselle o alto, realizándoselle un cacheo superficial ante o nerviosismo do home. Así, atopouse entre os seus xenitais uns 50 gramos de haxix e 2 de marihuana, ademais de 350 euros fraccionados. Por todo iso, foi detido como suposto autor dun delito contra a saúde pública.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...