InicioSucesosUn veciño de Caldas detido en Vigo por romperlle a outro home...

Un veciño de Caldas detido en Vigo por romperlle a outro home a madíbula por unha discusión de tráfico

Os feitos foron presenciados por unha patrulla da Garda Civil, que interceptou ao suposto agresor e trasladárono ao cuartel, coordinando o servizo cos axentes da Policía Local para realizar as xestións pertinentes

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo, veciño de Caldas de Reis de 24 anos de idade, foi detido en Vigo na tarde deste pasado martes tras romper a mandíbula a outro home durante unha discusión de tráfico.

Segundo informa a Policía Local, os feitos producíronse pasadas as 14.00 horas na rúa Beiramar, onde unha furgoneta invadiría a vía sen respectar un sinal de stop, motivo polo cal case impacta contra unha moto.

Debido a esta situación, iniciouse unha discusión entre ambos os condutores, agrendíndoo o da furgoneta cunha puñada na mandíbula ao motorista e ausentándose despois do lugar.

Os feitos foron presenciados por unha patrulla da Garda Civil, que interceptou ao suposto agresor e trasladárono ao cuartel, coordinando o servizo cos axentes da Policía Local para realizar as xestións pertinentes.

Por todo iso, o ferido foi trasladado ao hospital Vithas, onde os profesionais informaron de que sufría unha fractura de mandíbula. O agresor foi detido pola suposta comisión dun delito de lesións.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...