InicioVigo e contornaVigoDetido un vigués que se facía pasar por empregado dunha compañía eléctrica

Detido un vigués que se facía pasar por empregado dunha compañía eléctrica

O home, de 38 anos, pedía o pago de facturas pendentes para evitar o corte de luz nos seus negocios, que lle ingresaban directamente á súa conta bancaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un home de 38 anos, veciño de Vigo, que se facía pasar por un empregado dunha compañía eléctrica para esixir o pago de facturas pendentes. En total, fíxose con 3.856,68 euros. A actuación do Instituto Armado, segundo informa, iniciouse tras dúas denuncias presentadas no Posto Principal de Boiro (A Coruña) por dous veciños deste municipio.

Os demandantes relataron que recibían chamadas de individuos que se facían pasar por traballadores da súa compañía eléctrica e esixíanlle o pago inmediato de supostas facturas pendentes para evitar o corte de luz nos seus negocios. Ante esta ameaza, procedían a realizar as transferencias bancarias. Posteriormente, ao comprobar coas súas entidades bancarias que os recibos xa estaban pagos, tentaban contactar co número desde o que recibiran as chamadas, pero ninguén respondía.

Durante a investigación, levada a cabo polo Equipo de Delitos Telemáticos da Garda Civil, rastrexáronse as transaccións económicas para identificar o beneficiario do engano. As pescudas realizadas permitiron constatar que este home vigués de 38 anos recibira os importes na súa conta bancaria, polo que foi detido por un suposto delito de estafa. Pasou a disposición do xulgado de garda de Ribeira.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...