InicioDeportesCaballero dá por sentado que "Vigo é sede do Mundial" tras a...

Caballero dá por sentado que “Vigo é sede do Mundial” tras a renuncia de Málaga

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor reivindicou que Balaídos acollerá o Mundial de Fútbol 2030 xa que a retirada de Málaga "acaba de trastornar todo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu por sentado que a cidade “é sede do Mundial” tras a renuncia de Málaga, que si estaba na lista inicial. Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor reivindicou que Balaídos acollerá o Mundial de Fútbol 2030 xa que a retirada de Málaga “acaba de trastornar todo”. El criticou “todo o que fixeron”, ao seu xuízo, tanto o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como o presidente da Federación Española de Fútbol, Rafael Louzán, “para que Vigo non fose sede do mundial”. “Toda aquela inquina contra Vigo (…) desbaratouse”, apostilou, cargando tamén contra o PP e o BNG de Vigo. “Vigo neste momento é sede do mundial”, insistiu.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...