InicioSucesosUn exempregado dunha oficina de Abanca en Vigo acepta 2 anos de...

Un exempregado dunha oficina de Abanca en Vigo acepta 2 anos de cárcere por apropiarse de 139.000 euros dunha clienta

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a penas que suman 2 anos de cárcere a Fernando José A.J., exempregado dunha sucursal de Abanca da cidade olívica como autor dun delito de apropiación indebida, en concurso cun delito continuado de falsidade en documento mercantil, por quedar con 139.000 euros dunha clienta, para o que falsificaba a súa firma nos xustificantes da retirada do diñeiro.

Fiscalía e defensa chegaron a un acordo, polo que este luns celebrouse unha vista de conformidade na que o acusado recoñeceu os feitos e aceptou a pena imposta. Nesta sentenza, que xa é firme, aplicouse a atenuante moi cualificada de reparación do dano, xa que o procesado devolveu ao banco todo o diñeiro subtraído (e que Abanca repuxera previamente á prexudicada).

Ademais da pena de prisión, impúxoselle unha multa de 810 euros, que o procesado pagará a razón de 135 euros mensuais desde o próximo mes de agosto. A pena de cárcere suspendeuse durante 3 anos, a condición de que Fernando José non cometa ningún delito nese período de tempo.

Os feitos ocorreron entre abril de 2021 e xullo de 2024, cando o acusado traballaba como xestor nunha sucursal de Vigo. Nese período, sen consentimento da prexudicada, que era clienta desa oficina, foi realizando retiradas de diñeiro en efectivo da súa conta, ata un total de 139.000 euros.

Para ocultar a súa ilícita práctica, o acusado emitía boletas xustificativas de reintegro, nas que imitaba a firma da clienta. Ademais, para facelo, utilizaba os códigos de usuarios doutro dez empregados da sucursal, en lugar da súa clave persoal, co fin de ocultar ao banco o que estaba a facer.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...