InicioMovementos SociaisFaise viral a irrupción no pleno de Juan Carollo vestido de luces...

Faise viral a irrupción no pleno de Juan Carollo vestido de luces en defensa dos sen teito

Juan asegura que media docena de persoas sen teito morreron nas últimas datas en Vigo, incluso engade que as luces instaladas para este Nadal non cumplen a normativa vixente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

21 meses leva Juan Carollo agardando ser recibido pola alcaldía. Ao final, serviron as ‘medidas drásticas’ e cando menos é recibido polos medios. Telediarios coma Antena 3 ou medios como La Voz de Galicia están a facerse eco da súa entrada no pleno do Concello de Vigo deste 29 de novembro ataviado con adornos navideños.

Pero a súa insistencia ven de longo, moito antes de acadar notoriedade vestido como unha árbore de nadal. Case dous anos leva acampado fronte ao concello, e denuncia a inversión millonaria nestas festas e a situación de abandono dos sen teito ante a incapacidade do único albergue do municipio de acoller a todos.

Juan, da Acampada contra a pobreza/ Miguel Núñez

Entrou no pleno con luces de Nadal cargadas ao peito e fixo esta denuncia: “Es una vergüenza que me tenga que vestir así para ver si el alcalde, después de 21 meses, me reciba. Y mire estas luces, mire las luces de esta ciudad, que hay zonas que no cumplen con la normativa”.

“Señores de la oposición, a ver si tienen lo que hay que tener para denunciarlo. Pasará como el Marisquiño, porque lo único que sabe este señor es pulsar el botón rojo. Más de media docena de muertos, de personas sin techo muertas en esta ciudad, demostrable. Esto es una vergüenza”, denunciou.

 

“Se le está acabando el tiempo, recuerde esta frase, va a acabar siendo la vergüenza de los alcaldes de España”, concluíu.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...