O Servizo de Urología do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo levou a cabo unha cirurxía pioneira, ao lograr extirpar, por primeira vez no mundo, un tumor de próstata cunha soa incisión, o que supón un antes e un despois na cirurxía robótica. A operación, unha prostatectomía radical, levou a cabo coa plataforma robótica Da Vinci Xi, cunha única e pequena incisión abdominal, o que permite unha menor dor postoperatoria e menor risco de infección.
Nos procedementos robóticos convencionais, adóitanse empregar varias incisiones para introducir os diferentes brazos do robot e a cámara, pero neste caso o equipo médico empregou un porto especial que permitiu acceder con todos os instrumentos pola mesma abertura.
O xefe do Servizo de Uroloxía, Enrique Cespón, destacou que “conseguir extirpar o tumor cunha soa incisión reduce ao mínimo a agresión cirúrxica”. Este fito foi posible grazas á ampla experiencia do hospital vigués na cirurxía robótica. Así, o Álvaro Cunqueiro incorporou a plataforma Da Vinci Xi en 2021 e, desde entón, leváronse a cabo máis de 400 procedementos urológicos.
Actualmente, o Servizo de Uroloxía realiza a prostatectomía radical mediante un acceso extraperitoneal, é dicir, sen abrir a cavidade na que se localiza o intestino e a súa experiencia permítelle abordar casos extremadamente complexos minimizando a agresión durante o procedemento. O principal beneficiado é o paciente, xa que a súa recuperación é máis rápida e segura.