InicioPolíticaPleno extraordinario para reclamar 5 millóns á Xunta para a implantación de...

Pleno extraordinario para reclamar 5 millóns á Xunta para a implantación de Medicina na UVigo

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor reclamou ao goberno galego esa dotación orzamentaria para "iniciar de forma inmediata" o proceso de implantación dunha nova facultade de Medicina na Universidade de Vigo, para que estea "operativa" no curso 2027-2028.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este mércores a convocatoria dun pleno extraordinario para o próximo 12 de xuño, co fin de reclamar á Xunta que habilite unha partida de 5 millóns de euros nos próximos orzamentos autonómicos para implantar o grao de Medicina na cidade olívica. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor reclamou ao goberno galego esa dotación orzamentaria para “iniciar de forma inmediata” o proceso de implantación dunha nova facultade de Medicina na Universidade de Vigo, para que estea “operativa” no curso 2027-2028.

Por iso, no pleno do 12 de xuño, o goberno local esixirá que se inicien os trámites para crear a facultade, con 5 millóns de euros para a súa construción e posta en marcha, e que se establezan os hospitais de Vigo e, eventualmente, de Pontevedra e Ourense, para as prácticas e docencia hospitalaria. Ademais, Caballero advertiu de que esa partida para pór en marcha o grao de Medicina en Vigo debe ser adicional ao financiamento da UVigo, e non detraerse das partidas existentes. “Non pode ser que a cren diminuíndo partidas orzamentarias doutras facultades e da Universidade”, puntualizou.

Finalmente, o alcalde volveu repetir que Vigo “é a máis importante cidade de España que non ten Facultade de Medicina”, algo que cualificou de “agravio”, porque a urbe olívica “ten unha área poboacional en termos de universidade dun millón de persoas”. “E ese millón de persoas ten o dereito de poder optar a ter e estudar a carreira de Medicina na propia Universidade de Vigo. E por tanto, levaremos ao pleno a reclamación dos dereitos de Vigo a ter unha Facultade de Medicina”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...