InicioSucesosIncendio nunha panadaría de Nigrán obriga a evacuar a unha muller

Incendio nunha panadaría de Nigrán obriga a evacuar a unha muller

O lume iniciouse de madrugada nunha máquina de queimar azucre e foi sufocado rapidamente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller tivo que ser trasladada por inhalación de fume tras un incendio na máquina de queimar azucre no local dunha panadaría da rúa San Bieito, en Nigrán.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 04.00 horas deste domingo e foi un veciño o que deu a voz de alarma tras percibir o cheiro a queimado.

A máquina tiña moito plástico e cartón, o que provocou un pequeno foco de lume que foi apagado rapidamente. No operativo participaron o GES de Val Miñor e a Garda Civil.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...