InicioVigo e contornaVigoO Concello de Vigo culpa á Xunta de "atrasar a autorización" para...

O Concello de Vigo culpa á Xunta de “atrasar a autorización” para abrir quioscos de praia

Fontes municipais sinalaron que a Xunta non outorgou o permiso ata o pasado 13 de maio, de modo que se tivo que atrasar a tramitación para licitar un novo contrato

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo confirmou o atraso na apertura dos quioscos das praias, que non chegarán a tempo para o inicio da tempada, e culpou á Xunta de “atrasar a autorización”, aínda que a administración autonómica matizou que o consistorio pediu ditas autorizacións fóra de prazo.

Fontes municipais sinalaron que a Xunta non outorgou o permiso ata o pasado 13 de maio, de modo que se tivo que atrasar a tramitación para licitar un novo contrato.

As mesmas fontes aseguraron que se están levando a cabo os trámites “con toda a celeridade posible”, pero insisten en que “o problema é o atraso co que chegou a autorización da Xunta de Galicia”.

“Ignoramos a razón pola que o fixeron, pero dado o que está a suceder, non descartamos que fose intencionado”, acusaron, e explicaron que, por contra, o informe de Costas (do Goberno de España), “chegou a principios de febreiro”.

SOLICITUDE EXTEMPORÁNEA

Pola súa banda, fontes da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático informaron de que o Concello solicitou a autorización para a instalación de 5 quioscos nas praias (dos 11 que instalará só eses 5 dependen de autorización do servizo autonómico de litoral, o resto son autorizados pola administración central).

Esta solicitude foi realizada “con carácter extemporáneo”, xa que o prazo para pedir ese permiso, segundo a normativa en vigor, é no último trimestre do ano anterior e o Concello fixo a solicitude o 17 de xaneiro de 2025. Segundo o decreto 97/2019, explicaron, a presentación fóra de prazo implica a inadmisión, a non ser que se considere necesario para garantir a adecuada prestación dos servizos.

Con todo, insistiron desde a Xunta, tramitouse igualmente a solicitude “con celeridade”, requirindo os correspondentes informes vinculantes ao Servizo Provincial de Costas do Estado e elaborando os correspondentes informes técnicos.

Así, a resolución favorable foi comunicada ao Concello o pasado 13 de maio, polo que ese cinco quioscos, cuxa instalación depende da Xunta, están autorizados. “Máis aló dos trámites que teña que levar a cabo o Concello, a Xunta cunplió, tramitando e autorizando con celeridade, aínda que o consistorio non fixo a solicitude en prazo”, declararon.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...