InicioEconomíaControladores aéreos alertan de que a torre virtual de Peinador "limita a...

Controladores aéreos alertan de que a torre virtual de Peinador “limita a operatividade” e “degrada o servizo”

Sinalou que, segundo a información técnica de que dispoñen, o sistema remoto proposto "presenta deficiencias na detección visual de aeronaves de pequeno tamaño e en condicións meteorolóxicas específicas". Esta limitación levaría a impor restricións horarias que impedirían a simultaneidade de voos visuais (VFR) e de voos instrumentais (IFR).

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Unión Sindical de Controladores Aéreos (USCA) advertiu este luns de que a posta en marcha da torre de control remoto (torre virtual) no aeroporto vigués de Peinador “pode supor unha grave degradación do servizo, limitando a operatividade de voos esenciais e comprometendo o futuro da instalación”. A través dun comunicado, o sindicato sinalou que, segundo a información técnica de que dispoñen, o sistema remoto proposto “presenta deficiencias na detección visual de aeronaves de pequeno tamaño e en condicións meteorolóxicas específicas”. Esta limitación, alertaron, levaría a impor restricións horarias que impedirían a simultaneidade de voos visuais (VFR) e de voos instrumentais (IFR).

Segundo sinalou USCA, as restricións impactarían directamente nun tipo de voos que son esenciais para a terminal viguesa, como son os de transporte sanitario urxente, vixilancia aduaneira, servizos de extinción de incendios ou salvamento marítimo, voos de escola ou voos privados. Igualmente, podería haber atrasos nas operacións regulares. “O notable crecemento deste tipo de operacións que o aeroporto experimentou nos últimos anos veríase seriamente afectado as limitacións de simultaneidade que implica a nova torre virtual”, advertiron, e subliñaron que iso afectaría á conectividade de Peinador e ao desenvolvemento económico da cidade e a súa comarca.

Para o sindicato, a posta en marcha da torre virtual (prevista para o 11 de xuño) “supón un retroceso no acceso a servizos esenciais para toda a ciudadania” e apuntaron que “custa comprender” que unha empresa como AENA, referencia internacional en xestión aeroportuaria, impulse un proxecto “que reduce as capacidades operativas” do aeroporto, sobre todo cando xa existe unha torre física “plenamente funcional”. Nese sentido, USCA subliñou que a incorporación da tecnoloxía debe ir acompañada de criterios de excelencia, pero que a decisión adoptada para Vigo, lonxe de mellorar a operativa, supón “un retroceso” e unha “limitación para usuarios e colaboradores”. “Non se pode vender como innovación un sistema que, na práctica, impón máis límites que o actual”, remarcaron.

ÚLTIMAS

Vigo aproba un orzamento récord de máis de 365 millóns e conxela taxas e impostos

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este martes "o orzamento máis elevado...

A rebaixa fiscal da Xunta. Dos 96 millóns anunciados aos 5 euros efectivos por fogar. Canto aforrará realmente unha familia galega?

A baixada do IRPF anunciada esta semana pola Xunta en plena precampaña electoral terá...

Stellantis parará dous días a produción do Peugeot 2008 en Vigo por falta de pezas

A fábrica de Vigo do grupo automobilístico Stellantis volverá deter a produción a finais...

O PP de Vigo reivindica a aposta da Xunta pola recuperación da ETEA, con 11,7 millóns nas contas de 2027

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reivindicou este martes a aposta da...