InicioSociedadeO pleno extraordinario de aprobación do novo PXOM celebrarase o 26 de...

O pleno extraordinario de aprobación do novo PXOM celebrarase o 26 de maio

No trámite previo a esta sesión, na reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo da pasada semana, o novo PXOM foi ditaminado favorablemente, cos votos positivos do PSOE, a abstención do PP e o 'non' do BNG.

PUBLICADO O

- Advertisement -

goberno municipal de Vigo fixou para o vindeiro luns 26 de maio o pleno extraordinario en que se debaterá a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor confirmou que a sesión extraordinaria celebrarase inmediatamente despois do pleno ordinario correspondente ao mes de maio. Nela, grazas á maioría absoluta do PSOE, o novo plan urbanístico da cidade verá a luz verde.

No trámite previo a esta sesión, na reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo da pasada semana, o novo PXOM foi ditaminado favorablemente, cos votos positivos do PSOE, a abstención do PP e o ‘non’ do BNG. Abel Caballero subliñou que a aprobación do novo PXOM, que substituirá ao PXOM de 2008, anulado polo Tribunal Supremo, significa “un gran cambio para facilitar a vivenda na cidade de Vigo”.

Segundo lembrou, “o plan contempla 51.467 novas vivendas, 14.000 desas vivendas terán algún tipo de protección, significará vivendas en alugueres moi alcanzables para a xente nova que inicia a súa emancipación, que inician os seus traballos, para a xente con necesidades que van xurdindo”. “Pero as 51.467 vivendas están libres de especulación”, proclamou, e engadiu que o documento “cortocircuita calquera intento de especulación”.

Igualmente, puxo en valor que o novo plan multiplica por 2,5 as zonas verdes, e contempla espazos dotacionais para instalacións deportivas, asociacións cívicas, e outros usos. Con respecto ás posicións dos grupos políticos, tras a reunión do Consello da Xerencia de Urbanismo, Caballero lembrou que o BNG “votou que non”. “O Bloque sempre en contra de todo aquilo que favorece á cidade, o Partido Popular non apoiou o plan e abstívose, e o plan chegou ao Pleno aprobado cos 19 votos do goberno de Vigo”, explicou.

NOVO PARQUE DE BOMBEIROS

Por outra banda, o rexedor informou de que este martes comezará a actividade do novo parque de bombeiros, bautizado co nome de Sergio Sanlés (bombeiro falecido en acto de servizo en maio do ano pasado). As novas instalacións, en Esturáns, contaron cun investimento duns 3 millóns de euros e permite tres saídas simultáneas de vehículos de bombeiros e un de protección civil. Segundo lembrou o alcalde, o novo parque substitúe ao antigo parque situado nos baixos de Balaídos, que era “unha cochiquera infecta, negra, escura e mal acondicionada”.

“Agora pasamos a ter un parque moderno, un parque moi preparado. Pode haber alí catro coches de extinción de incendios e ten todo o que a modernidade esixe”, sinalou Caballero, que explicou que as instalacións contarán con aula de formación, ximnasio e outros servizos. O novo parque complementa o parque principal de bombeiros, situado en Teis, onde o goberno local levou a cabo unha remodelación en 2015, “outra cochiquera que non se tocaba desde 1987”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...