InicioSociedadeO BNG de Vigo pide información sobre a prórroga de Vitrasa ao...

O BNG de Vigo pide información sobre a prórroga de Vitrasa ao estar nun “limbo” a días do final da concesión

O BNG de Vigo alertou de que o servizo de bus urbano de Vigo está nun "limbo" a días de que finalice a actual concesión de Vitrasa o próximo 7 de xuño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG de Vigo alertou de que o servizo de bus urbano de Vigo está nun “limbo” a días de que finalice a actual concesión de Vitrasa o próximo 7 de xuño. Nun comunicado, os nacionalistas demandaron ao goberno local información e “transparencia” sobre a prórroga que avanzou o alcalde, Abel Caballero, da que “non consta tramitación en curso”. O portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, denunciou a “absoluta falta de información” sobre o futuro deste servizo municipal “máis aló das declaracións xenéricas de Caballero”.

Igrexas insistiu na “enorme oportunidade histórica” que se presenta co fin da concesión de Vitrasa, volvendo propor a creación dunha empresa municipal de transportes que permita a remunicipalización do servizo. “Temos nas nosas mans evitar que se hipoteque 10 anos máis a cidade cun modelo de transporte privatizado e insuficiente”, defendeu o Bloque, subliñado que o actual servizo é un “pésimo negocio para o interese público, cuxa única beneficiaria foi a empresa concesionaria”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...