InicioSucesosA A-55 rexistra dúas colisións múltiples en Mos, unha delas con tres...

A A-55 rexistra dúas colisións múltiples en Mos, unha delas con tres feridos leves

Outras dúas persoas saíron ilesas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A A-55 (Vigo-Tui), ao seu paso por Mos (Pontevedra), rexistrou este venres dúas colisións nas que se viron implicados varios vehículos. Unha delas, que tivo lugar ás 15.45 horas no punto quilométrico 11, sentido Vigo, ao seu paso por esta localidade, saldouse con tres feridos leves. Outras dúas persoas saíron ilesas. Segundo informou a Subdelegación do Goberno, o sinistro consistiu nunha colisión múltiple por alcance cun total de catro vehículos implicados, que foron retirados á beiravía non afectando á circulación.

Antes, ás 13.30 horas, á altura do punto quilométrico 10 da mesma vía, tamén en Mos, partido xudicial do Porriño, produciuse outra colisión múltiple por alcance cun total de tres vehículos implicados. Neste caso, todos os usuarios reultaron ilesos. Os vehículos tamén foron retirados fóra da vía para que non se vise afectada a circulación.

ATENCIÓN POR CRISE DIABÉTICA

Tamén na A-55, ao seu paso por Tui, sobre as 15.50 horas, patrullas do destacamento do Porriño observaron a circulación irregular por parte dun camión caixa de Correos (circulaba cambiando continuamente de carril, chegando a golpear as barreiras metálicas de protección de ambas as marxes).

Segundo informou a Subdelegación, mentres unha das patrullas retiña a circulación, a outra realizaba intentos infrutuosos de adiantar ao vehículo. Cando logrou facelo, procedeu á detención do mesmo á altura do punto quilométrico 26. Entón, os axentes puideron comprobar que se trataba dun problema de saúde do condutor –unha crise diabética–. Contactaron co 061 para recibir pautas de actuación á espera da ambulancia, no que foi trasladado. O vehículo foi retirado por servizo empresa.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...