- Advertisement -
Axentes da Garda Civil de Tráfico procederon a cortar o carril dereito da A-55 en sentido Vigo por un incendio nun camión portavehículos á altura de Tui. Os feitos producíronse sobre as 14.45 horas deste xoves no punto quilométrico 26 e o incendio afecta ao semirremolque, incluíndo algún dos vehículos transportados. Con todo, do suceso non houbo que lamentar feridos.