InicioSociedadeConvocada este xoves en Vigo unha concentración tras unha nova agresión a...

Convocada este xoves en Vigo unha concentración tras unha nova agresión a tres sanitarias na PAC

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de persoal da área Sanitaria de Vigo convocou este xoves unha concentración en protesta por unha nova agresión a tres sanitarias do servizo de urxencias do Punto de Atención Continuada (PAC).

Nun comunicado, a representación do persoal lamentou esta terceira agresión rexistrada na área “en poucas semanas”, o que os leva a organizar unha nova mobilización para reclamar medidas preventivas urxentes. En concreto, esta protesta levará a cabo este xoves ás 14.30 horas ante a PAC da rúa Pizarro.

Segundo explican, foi o pasado sábado, 26 de abril, cando tres traballadoras foron vítimas dunha agresión durante a súa xornada laboral nas urxencias da PAC. Durante a mesma, produciuse unha discrepancia na indicación de que non está permitido o acceso aos centros sanitarios con patinetes, levándose unha das empregadas “a peor parte”.

Desde a xunta de persoal trasladaron a súa solidariedade ás traballadoras afectadas e a todo o persoal da PAC, “centro de alta incidencia de agresións”. “Son numerosas as ocasións nas que solicitamos que se tomen medidas preventivas nunha PAC que ata hai poucos anos contou con seguridade privada, que foi retirada a pesar das reclamacións dos traballadores”, sinalaron.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...