InicioVal MiñorNigránA morte dun home de 45 anos obriga a pechar un supermercado...

A morte dun home de 45 anos obriga a pechar un supermercado en Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 45 anos, veciño de Nigrán, perdeu a vida este mércores no aparcamento do supermercado Mercadona, situado no polígono Porto do Molle. O fatal desenlace produciuse como consecuencia dunha parada cardiorrespiratoria, aínda que os servizos sanitarios intentaron reanimalo sen éxito durante máis de media hora.

O suceso ocorreu arredor das 18.00 horas, cando a vítima, acompañada da súa parella, saía do establecemento e se dirixía ao seu vehículo. No momento de acceder ao coche, o home caeu ao chan de súpeto, provocando a inmediata intervención de dous equipos de urxencias do 061, así como da Policía Local de Nigrán e a Garda Civil. 

Esforzos de reanimación infrutuosos

Os sanitarios realizaron manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP) durante preto de 30 minutos, sen conseguir reavitalo.


Mentres, as forzas de seguridade pecharon temporalmente a zona do aparcamento —moi concorrida nesa franxa horaria— para facilitar a labor dos equipos médicos e garantir a privacidade do suceso. Unha vez confirmado o falecemento, a comisión xudicial acudiu ao lugar para levar a cabo o levantamento do cadáver, que foi trasladado posteriormente a Vigo para a realización da autopsia e a determinación das causas exactas da morte.


As autoridades continuan cos trámites protocolarios, mentres a comunidade de Nigrán lamenta esta inesperada perda.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...