InicioDeportesCaballero reúnese con hostaleiros e taxistas para abordar a exclusión de Vigo...

Caballero reúnese con hostaleiros e taxistas para abordar a exclusión de Vigo do Mundial 2030

Esa oportunidade "pretenden destruíla" a Xunta de Galicia e o PP, ademais do presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, segundo apuntou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, iniciou este luns, con representantes do sector hostaleiro e dos taxistas da cidade, unha rolda de encontros para abordar a exclusión de Balaídos da lista de sedes do Mundial de Fútbol de 2030. En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico explicou que, nestes encontros, trasladou a “importancia que o Mundial de Fútbol ten para a marca Vigo”, e engadiu que esa oportunidade “pretenden destruíla” a Xunta de Galicia e o PP, ademais do presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán.

O alcalde lembrou que ser sede do Mundial “é moi importante” para os hoteis, e tamén para o colectivo de taxistas e, segundo sinalou, os seus representantes así llo confirmaron. “Así que seguiremos reuníndonos con colectivos da cidade para seguirlles explicando quen quitou a Vigo como sede do Mundial, e esta confabulación política Louzán-Xunta-presidenta do PP de Vigo“, proclamou Caballero. O alcalde volveu a criticar que “Louzán segue calado, escondido e sen repor a Vigo como sede do Mundial”. “Vigo ten e demostrou méritos sobrados, e Vigo estaba na lista. Louzán, co apoio da Xunta de Galicia, co apoio do PP de Vigo, excluíu a Vigo como sede do mundial. E non nos imos a quedar calados”, insistiu.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...