InicioSociedadeXa quedan menos de 24 horas para o espectacular e polémico acendido...

Xa quedan menos de 24 horas para o espectacular e polémico acendido das luces en Vigo

Haberá buses 'turísticos' que farán un roteiro polas rúas alumeadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo acenderá mañá sábado as luces de Nadal ás 21,00 h, unha hora e media máis tarde do previsto debido ás predicións de choiva, que parecen ser menores a partir desa hora.

Será un acendido “magnífico”, expuxo o rexedor en rolda de prensa, ao tempo que lembrou que xa estaba disposto todo o operativo: o plan de tráfico, 90 axentes da Policía Local; 10 efectivos de bombeiros con tres vehículos situados en sitios estratéxicos, 100 voluntarios de Protección Civil; ambulancias; 1 posto médico, 1 punto de encontro para persoas e obxectos perdidos; así como reserva de espazo cerca da árbore para persoas con mobilidade reducida.

Seguindo con detalles da iluminación, nestes momentos os operarios están a rematar a caixa do regalo -de quince metros de alto – situada na confluencia de Urzáiz e Gran Vía. “É a primeira vez que se usa una tecnoloxía de última xeración nun elemento ornamental destas características”, explicou.

A árbore da Porta do Sol, engadiu, terá un xogo de luces e son que dura 6 minutos aproximadamente e que se irá repetindo cada quince minutos. O son terá 40.000 watios polo que todo o mundo o poderá escoitar.

Para facilitar o transporte, a partir das 21,00 horas funcionarán autobuses lanzadeiras desde o Paseo de Alfonso, García Barbón, Praza España e Praza do Rei para trasladalos ao resto de paradas ordinarias.

Outras das novidades deste ano será o bus turístico, que realizará percorridos por toda cidade, pasando polos puntos significativos do alumeado, con prezos habituais de transporte urbano e rutas dunha hora de duración.

O alcalde tamén fixo especial mención ao Belén de Nadal que será instalado na Casa das Artes. “É un Belén con figuras venecianas, dunha calidade artística excepcional”, engadiu.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...