InicioVigo e contornaVigoRescatan tres persoas no incendio dunha vivenda en Vigo

Rescatan tres persoas no incendio dunha vivenda en Vigo

Os servizos de emerxencias confirmaron que todas as persoas atopábanse fóra da vivenda e que unha delas necesitaba asistencia sanitaria

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias rescataron este martes a tres persoas que quedaron atrapadas nun incendio na súa vivenda situada na rúa de Saa, na parroquia viguesa de Beade.

Segundo informou o 112 Galicia, foi un particular quen, pouco antes das 13.00 horas deu aviso á central de emerxencias para alertar de que ardía unha vivenda nesta zona e sinalaba na súa comunicación que no interior do inmoble había varias persoas que non lograban saír.

Con estes datos, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112) activaron un operativo no que participaron efectivos dos Bombeiros de Vigo, axentes da Policía Nacional e Local e do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Xa no lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que todas as persoas atopábanse fóra da vivenda e que unha delas necesitaba asistencia sanitaria.

Así, os profesionais sanitarios trasladaron á vítima en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. En canto aos danos materiais, o 112 detallou que o lume calcinou por completo o salón e afectou tamén a varias estancias máis.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...