InicioPolíticaCaballero pide a Renfe que suprima paradas en Castela e León para...

Caballero pide a Renfe que suprima paradas en Castela e León para que o AVE chegue antes a Vigo dende Madrid

O rexedor vigués celebrou a "boa acollida" que deu ás súas palabras, ao seu xuízo, Fernández Heredia, que se mostrou "moi receptivo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu ao presidente de Renfe, Álvaro Fernández Heredia, que se supriman certas paradas que na actualidade realiza o AVE entre Vigo e Madrid ao seu paso por Castela e León para así reducir os tempos de viaxe. Todo iso no transcurso dunha reunión que mantiveron ambos na mañá deste mércores en Madrid, onde Caballero realizou varias propostas para “acurtar” a duración do traxecto entre a cidade olívica e a capital.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor celebrou a “boa acollida” que deu ás súas palabras, ao seu xuízo, Fernández Heredia, que se mostrou “moi receptivo”. “O tempo de viaxe actual nalgún dos percorridos está moi alongado por un excesivo número de paradas na zona de Castela e León, zona xa próxima a Madrid que ten nestes momentos unha cobertura moi importante de trens que veñen desde todo o norte e o resto de Galicia en trazados de alta velocidade”, reivindicou Caballero, insistindo en que “algunhas desas paradas poderíanse suprimir” e iso significaría reducir o tempo entre Vigo e Madrid.

Por todo iso, emprazáronse a unha nova reunión dentro dun mes para estudar “novos tempos” nesta ruta, lembrando de novo Caballero a importancia de avanzar tamén na variante por Cerdedo, para evitar pasar por Santiago para chegar a Madrid. “A gran prioridade da cidade é Vigo-Madrid no menor tempo posible”, sentenciou. Na actualidade, o traxecto entre Vigo e Madrid rolda as 4 horas no mellor dos casos, mentres que na maioría das opcións supera esta franxa. O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, anunciou hai case un ano que en setembro de 2024 a viaxe duraría 3 horas e 35 minutos grazas aos novos trens Avril. Con todo, a día de hoxe os tempos continúan moi por enriba desa franxa.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...