InicioSociedadeAbel Caballero despois de que o xulgado desestimase outro recurso polo ruído...

Abel Caballero despois de que o xulgado desestimase outro recurso polo ruído do Nadal: “O Nadal continúa, e cada vez mellor”

Valora a resolución e acusa ao BNG e PP de mobilizar aos seus "afíns" para tentar "suspender o Nadal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado contencioso-administrativo número 2 de Vigo ditou sentenza na que desestima un recurso interposto por un veciño, que denunciaba ao Concello olívico por unha suposta inactividade fronte ao ruído ocasionado polas actividades programadas con motivo da campaña de Nadal 2022-2023, e sinala que non se pode falar de tal inactividade e que o consistorio adoptou medidas para evitar ruídos excesivos.

Na liña doutra sentenza do pasado setembro, o maxistrado apunta que non se pode establecer que houbo un silencio da Administración ante as reclamacións do denunciante, posto que o Concello ten 3 meses para responder, e a reclamación interpúxose o 27 de decembro de 2022, menos dun mes antes de que finalizasen as actividades do Nadal. Por outra banda, tamén expón o xuíz na súa resolución que non se pode falar de inactividade por parte do Concello, xa que se adoptaron medidas para mitigar os ruídos e contratouse unha empresa para realizar medicións.

VALORACIÓN DO ALCALDE

O alcalde, Abel Caballero, valorou esta “contundente” sentenza en declaracións remitidas aos medios, expresando a súa satisfacción porque a resolución xudicial “falla a favor do Concello”. Respecto diso, lembrou que houbo outras denuncias polos ruídos dese Nadal que foron desestimadas, pero este demandante en concreto optou por manter unha “denuncia falsa”. Segundo o rexedor, “detrás deste intento de suspender o Nadal de Vigo están o PP e o BNG”, que mobilizan “aos seus afíns” para que promovan accións xudiciais contra os festexos e presenten denuncias. “Pero o Nadal continúa, e cada vez mellor”, concluíu Caballero.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...