InicioSucesosInvestigan a tres mulleres como presuntas autoras de dous furtos no centro...

Investigan a tres mulleres como presuntas autoras de dous furtos no centro comercial de Nigrán

Lograron roubar uns 2.600 euros en compras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área de Investigación da Garda Civil de Baiona-Nigrán investiga a tres mulleres como presuntas autoras de dous delitos de furto nun coñecido centro comercial de Nigrán. O primeiro dos furtos tivo lugar o pasado 16 de xaneiro, cando, supostamente, as mulleres entraron no establecemento, cargaron varios carros de compra con numerosos efectos e saíron sen pagar. O segundo deles produciuse o 23 de xaneiro, onde volveron repetir o modus operandi, podendo ascender o valor do furtado a 2.600 euros en total.

Unha vez recollidas as denuncias, inícianse as primeiras investigacións que conclúen coa identificación das tres mulleres. O pasado día 25 de xaneiro o Servizo de Seguridade do Centro Comercial solicitaba a presenza dunha patrulla da Garda Civil, xa que detectaran de novo a presenza destas sospeitosas. A patrulla acudiu ao lugar e identificou as tres mulleres, de 46, 39 e 35 anos, con domicilio en Vigo. Ás tres cónstanlles antecedentes policiais por feitos semellantes.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...