InicioVigo e contornaRedondelaFranco e o deputado galego que negou os asasinatos en San Simón...

Franco e o deputado galego que negou os asasinatos en San Simón na ditadura, “arderán” no Entroido de Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -


O Entroido de Redondela queima este ano as ditaduras e o fascismo, cando se cumpre o 50 aniversario da morte do ditador Francisco Franco. A figura que arderá este ano xa pode verse na praza do Concello.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembra que malia ser o franquismo a etapa máis escura da nosa historia “aínda hai quen a branquea, faltando o respecto ás vítimas e ás súas familias”.

O pasado mes de xaneiro o pleno da corporación de Redondela declarou por unanimidade “persoa non grata” a José Luis Ferro Iglesias. O deputado popular declarou na cámara galega que “non hai constancia” de que se produciran mortes na illa de San Simón nos anos que foi campo de concentración franquista. Con estas declaracións “actúa como cómplice da ultradereita e insulta á veciñanza de Redondela e ás vítimas”, afirma Rivas.

O Meco do Entroido redondelán lémbranos que o auxe da ultradereita, tanto en Europa como en América, é unha ameaza para a igualdade, os valores progresistas e a solidariedade dos pobos. “O seu discurso xenófobo, homófobo e misóxino é unha ameaza real para a democracia. Por iso é moi importante lembrar o pasado, para que non se volva a repetir”, conclúe a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...