InicioSucesosInvestigan a un home de Nigrán por abusar sexualmente das traballadoras do...

Investigan a un home de Nigrán por abusar sexualmente das traballadoras do fogar que contrataba

Este ancián contactaba por Internet con mulleres de poucos recursos, polo común estranxeiras, e aproveitábase delas con abusos sexuais desde a suposta 'proba de selección', que era durmir unha noite con el. As súas vítimas cóntanse xa por ducias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un veciño de Nigrán polos delitos de abusos e acosos sexuais e contra o dereito dos traballadores. A operación, a cargo do Posto Principal de Baiona- Nigrán, está aberta xa que, aínda que se lle notificou xa a súa condición de investigado por estes delitos sobre varias mulleres, a investigación consideraque poderían ser decenas as vítimas deste home que, na actualidade, ten 73 anos de idade.

A Garda Civil tenta determinar o número de mulleres que puideron ser coaccionadas por este home desde o ano 2014 ata a actualidade. As vítimas respondían a un anuncio de traballo no que se solicitaba unha muller para tarefas domésticas e do fogar, así como de coidados a unha persoa con diversidade funcional física, que lle obriga a valerse dunha cadeira de rodas.

A oferta laboral fíxose a través de páxinas da internet, despois de que a ONG que lle quixo auxiliar en primeira instancia considerase que non reunía o ‘perfil adecuado’ para expoñer a ningunha das candidatas da súa bolsa de emprego tras as queixas e reticencias das que acudiron ao seu domicilio.

A investigación considera que, entre as candidatas que respondían á oferta de emprego, o home seleccionaba ás máis vulnerables. A maior parte son de nacionalidade estranxeira, con estancia irregular no país e con moi poucos recursos económicos.

O home obrigábaas a pasar «unha proba de capacitación» para coñecer a súa suposta valía para o posto de empregada do fogar. A presunta proba consistía en pasar unha noite con el, momento no que xa eran vítimas de abusos.

Noutros casos esperaba a que aceptasen a quedar co posto de traballo. No relato das vítimas recóllense testemuños como que había tocamentos de carácter sexual de forma autoritaria e agresiva.

Hai ademais testemuños que sitúan no domicilio deste home a case medio centenar de “candidatas” nos últimos anos que acudiron a traballar ou á suposta entrevista laboral. A estes delitos súmaselle outro contra o dereito dos traballadores polas irregularidades detectadas nas contratacións laborais que facía e, por último, outro contra a integridade moral na persoa dunha muller da súa contorna familiar.

A investigación dispón de testemuños sobre presuntos malos tratos que o home infligía a esta muller, coaccionándola para que non tivese relación co resto da familia nin acudise a ningún centro médico, a pesar de que precisase atención.

A investigación continúa aberta para localizar a outras posibles vítimas. Xa se conseguiu identificar a unha decena de mulleres que contestaron a esta suposta entrevista de traballo, pero algunhas xa non se achan no país ou non son facilmente localizables.

A Guarda Civil insiste en que denunciar é a prioridade á hora de enfrontarse a calquera posible caso de malos tratos, como o de violencia machista. Lembra que toda persoa que sospeite ou coñeza a posible existencia dunha situación de violencia, ten a obrigación legal e moral de denuncialo. Calquera cidadán que poida advertir dunha situación de risco pode, de forma totalmente anónima se o considera, telefonar ao número 062.

As dilixencias foron trasladadas xa ao Xulgado de Instrución de garda dos de Vigo.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...