InicioPolíticaAbel Caballero enxalza a figura de Salvador Illa por traer a "tranquilización...

Abel Caballero enxalza a figura de Salvador Illa por traer a “tranquilización e normalización” de Cataluña

O alcalde de VIgo tivo dúas reunións, unha co president da Generalitat e outra co alcalde de Barcelona, Jaume Collboni

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este xoves senllos encontros co alcalde de Barcelona, Jaume Collboni, e o presidente da Generalitat, Salvador Illa, con quen intercambiou opinións e experiencias nos ámbitos da vivenda, o turismo ou a automoción.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico sinalou que puxeron ” en común” formulacións sobre as políticas aplicadas en Barcelona e en Vigo, coa vista posta nunha colaboración futura.

Ademais, Caballero puxo en valor “o que está a suceder en Cataluña desde que goberna Illa”. “A tranquilización, a normalización, a forma distinta de ver Cataluña desde o resto do Estado“, apuntou, e eloxiou a iniciativa do presidente catalán “de visitar as Comunidades Autónomas para os efectos de explicar a formulación política que ten”.

Para o alcalde de Vigo, Salvador Illa “é a garantía dunha forma de relacionarse con Cataluña, unha forma moi amigable desde todas partes”, e confirmou que convidou tanto ao presidente da Generalitat como ao alcalde da Cidade Condal a visitar Vigo.

Na súa visita, Abel Caballero estivo acompañado pola tenente de Alcalde, Carmela Silva; a concelleira de Patrimonio, Contratación e Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño; e o delegado da Zona Franca en Vigo, David Regades.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...