InicioMedio Ambiente e PatrimonioO BNG pide retirar o Vigo Area do novo PXOM porque "arrasa"...

O BNG pide retirar o Vigo Area do novo PXOM porque “arrasa” parte do bosque da Barroca “sen posibilidade de alegación”

Para o BNG "ningún mausoleo para macroconcertos como o Vigo Area pode xustificar un arboricidio a gran escala".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo reclamou este mércores a retirada do proxecto Vigo Area do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), xa que supón “arrasar” 25.000 metros cadrados de bosque, e sen posibilidade de alegación por parte dos veciños. Así o trasladou o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, tras manter unha reunión con membros da plataforma ‘Salvemos a Barroca’.

Segundo denunciou, o documento inicial da PXOM contemplaba ese espazo como zona verde, pero modificouse a cualificación do chan para convertelo en dotacional, sen posibilidade de que os veciños poidan presentar alegacións agora. “Un cambio sen ningún tipo de transparencia”, advertiu, á vez que constatou que o goberno local “coou este atentado ambiental pola porta de atrás”. Para o BNG “ningún mausoleo para macroconcertos como o Vigo Area pode xustificar un arboricidio a gran escala”, polo que pediu a súa retirada, así como a doutros proxectos que “queren condenar a Vigo a un modelo de cidade gris cemento”.

ÚLTIMAS

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Vigo homenaxeará a Baena e Sánchez-Bravo, últimos fusilados polo franquismo: “Despois de décadas de loita, imos vendo a luz”

O Concello de Vigo homenaxeará a Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez-Bravo, dous...

A UVigo levará a ciencia á rúa cunha cita rápida entre investigadores e un foro sobre os incendios

A Universidade de Vigo quere sacar a ciencia dos laboratorios e levala á rúa...

Caballero insiste en que Concello e Zona Franca fan máis vivenda en Vigo que a programada pola Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores a visita realizada polo presidente...