InicioSucesosDetida en Vigo unha muller acusada de agredir a puñadas á súa...

Detida en Vigo unha muller acusada de agredir a puñadas á súa filla de 20 anos e tratar de botala de casa

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller, M.M.S. de Vigo e 52 anos de idade, foi detida como presunta autora dun delito de violencia doméstica tras supostamente agredir a puñadas á súa filla de 20 anos e tratar de botala de casa.

Segundo informa a Policía Local, os feitos ocorreron esta madrugada rúa Piñeiro, onde unha moza solicitaba asistencia, asegurando que, sen previa provocación, a súa nai comezou a agredila, propinándolle puñadas na cara e na caluga, suxeitándolle as mans e tentando botala do domicilio no que convivían.

Segundo a suposta vítima, que presentaba feridas sanguentas nos beizos e moratóns na cara e nas mans, as agresións eran frecuentes, pero nunca as denunciou. Por todo iso, foi trasladada a un centro médico. Pola súa banda, a súa nai asegurou que era a propietaria da casa e que a súa filla queríalla quitar. A pesar diso, foi detida.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...