InicioEconomíaDirección e comité de Stellantis reuniranse de novo o venres tras plasmar...

Dirección e comité de Stellantis reuniranse de novo o venres tras plasmar os sindicatos as súas propostas para ERTE e ERE

Isto despois de que a semana pasada se anunciase a intención da empresa de levar a cabo un ERE voluntario que afectará a un máximo de 90 traballadores por causas organizativas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis reunirase o vindeiro venres, día 7 de xaneiro, co comité de empresa tras un encontro levado a cabo este mércores no que os distintos representantes sindicais plasmaron as súas propostas para os expedientes de regulación de emprego (ERTE e ERE) expostos. Así, será o venres cando Stellantis dará contestación ás distintas achegas sindicais, despois de que a semana pasada se anunciase a súa intención de levar a cabo un ERE voluntario que afectará a un máximo de 90 traballadores por causas organizativas.

Ademais, tamén realizará un ERTE dun máximo de 85 días para cada empregado, “que se utilizarían como un mecanismo complementario unha vez consumida a adecuación de xornada e o saldo negativo da bolsa de horas”. Precisamente, na reunión desta mañá, Comisiones Obreras pediu que a afectación do ERTE baixe a 50 días e que se manteñan ao 100 % todos os conceptos salariais, así como as pagas extra e as vacacións, entre outras medidas.

Así mesmo, respecto ao ERE, o sindicado pediu un equilibrio da repartición de prazas entre o persoal mensual e horario e xubilacións parciais. UGT tamén considera “excesivos” os 85 días de ERTE, pedindo tamén que se establezan rotacións nas zonas que sexan posibles para que as paradas non afecten máis a uns empregados que a outros. Sobre o ERE, UGT dixo que debe de ir na mesma liña que o do ano pasado, con medidas de acompañamento onde tanto o persoal mensual como aqueles de horario de taller poidan abandonar a empresa “nas mellores condicións posibles”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...