InicioPolíticaA Secretaria de Estado visita Vigo e defende a promoción do 'turismo...

A Secretaria de Estado visita Vigo e defende a promoción do ‘turismo intelixente’

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver, visitou Vigo este xoves tras unha reunión na alcaldía co rexedor da cidade e presidente da Federación de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero.

Ámbolos dous firmaron convenios non só para Vigo senón para tódolos municipios de España, referidos á ‘calidade turística’ e mais un ‘código de boas prácticas’ do turismo.

Visita de Isabel Oliver a Vigo/ Miguel Núñez

O segundo dos convenios asinados busca a promoción do chamado ‘turismo de congresos’, para o que o Estado vai destinar 250.000 euros, segundo prometiu Oliver. Polo tanto, promocionaranse as cidades que poidan acoller congresos, como é o caso de Vigo.

Visita de Isabel Oliver a Vigo/ Miguel Núñez

En definitiva, a Secretaria de Estado e a FEMP quedaron en estreitar a súa relación para impulsar os destinos ‘turísticos intelixentes’.

Visita de Isabel Oliver a Vigo/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...