InicioSociedadeO Concello abre expediente de sanción a Ryanair por graves incumprimentos do...

O Concello abre expediente de sanción a Ryanair por graves incumprimentos do acordo para o voo a Londres

Ten subscrito un contrato de promoción turística da cidade coa aerolínea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo abriu un expediente de “imposición de penalidades” á aerolínea Ryanair, coa que ten subscrito un contrato de promoción turística da cidade a través da conexión aérea con Londres, por “graves” imcumprimentos do acordo, tanto en materia do número de voos como das accións publicitarias comprometidas.

En declaracións remitidas aos medios, o alcalde, Abel Caballero, referiuse ao recente anuncio de Ryanair de recortar máis voos, entre eles, en Vigo (unha conexión a Barcelona) e sinalou que, aínda que a compañía é “libre de facer os voos que considere e desde onde considere”, hai un acordo para o Vigo-Londres que Ryanair “está a incumprir”. Así, sinalou que a empresa incumpriu o número de voos pactados e os termos da promoción turística que estaba “obrigada” a realizar; por esas “deficiencias” e “incumprimentos”, o Concello abriu un expediente “pra analizar a situación na que se atopa” ese contrato.

“A ruta a Londres está vinculada a un contrato de promoción co Concello que a compañía Ryanair incumpriu con faltas graves. Isto significa que xa se iniciou un expediente de imposición de penalidades por incumprimento grave”, confirmou o rexedor, que matizou que, en realidade, son dous expedientes, un polo recorte de voos e outro polas accións de promoción. Segundo explicou, “en moi poucos días” resolveranse os trámites “e os técnicos decidirán que corresponde facer cos incumprimentos de Ryanair no voo de Vigo a Londres”.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...