InicioCulturaFalece a 'señora Alicia', icona do Festival de Cans

Falece a ‘señora Alicia’, icona do Festival de Cans

PUBLICADO O

- Advertisement -

Alicia Sánchez, a ‘señora Alicia’, icona do Festival de Cans e unha das veciñas máis emblemáticas no municipio do Porriño, faleceu. Segundo informou a organización do festival, Alicia Sánchez faleceu en Santiago un día antes de cumprir os 97 anos. “En Cans sempre será lembrada polo seu carácter afable e a súa xenerosidade para ceder a súa leira e a súa ‘jalpón’ para coloquios e proxeccións”, explica.

E é que no terreo de Alicia houbo coloquios de cineastas como José Luís Cuerda, Rodrigo Sorogoyen ou Fernando León, intérpretes como Leonor Watling e Tristán Ulloa, ademais de concertos como Iván Ferreiro. “Alicia era dunha das nosas. Aínda que nos últimos anos vivía en Cans, deixábanos as chaves para dispor da casa durante o ano. O seu ‘jalpón’, a súa adega ou o seu trasteiro eran almacéns do festival durante o ano“, explica o director do certame, Alfonso Pato.

Aínda que nos últimos anos residía en Santiago, a ‘señora Alicia’ sempre era convidada a facer a primeira presentación da imaxe do festival nesa cidade e a lucir a primeira camiseta de cada edición. “Alicia tivo a vida difícil de moitas mulleres da súa xeración, sacando a súa familia adiante, despois de emigrar co seu marido a Venezuela, onde aínda reside un dos seus fillos”, explica a organización do festival, que indica que a súa casa en Cans foi vendida a unha nova familia que chegou á aldea coa que se está en conversacións para poder seguir usando as súas instalacións nas proxeccións. A XXII edición terá lugar do 20 ao 24 de maio.

ÚLTIMAS

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...