InicioSociedadeAparece unha pintada coa mensaxe "ditador" no Consulado de Venezuela en Vigo

Aparece unha pintada coa mensaxe “ditador” no Consulado de Venezuela en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

As instalacións do Consulado de Venezuela en Vigo amenceron este domingo cunha pintada coa mensaxe “ditador” e a Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez (AGABO) atribuíu este acto vandálico á “extrema dereita”.

Nun comunicado, a asociación citou a fontes consulares para denunciar que, ademais da pintada, producíronse danos na fechadura de entrada da sede, situada na céntrica rúa Velázquez Moreno, e golpes nun vidro.

AGABO subliñou que esta “agresión”, producida na madrugada do sábado ao domingo, coincidiu co ataque perpetrado contra a sede consultar de Venezuela en Lisboa, e vinculouno con “accións de odio e violencia de grupos de extrema dereita, liderados por quen nega os resultados electorais do pasado 28 de xullo de 2024”.

Finalmente, lembrou que o Goberno español ten a “responsabilidade” de garantir a seguridade nos edificios consulares, e instou á Delegación do Goberno en Galicia a “cumprir coa normativa internacional”.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...