InicioPolíticaAbel Caballero sobre a AP-9:  "Se a xestionase Galicia non podería pagar...

Abel Caballero sobre a AP-9:  “Se a xestionase Galicia non podería pagar a indemnización, España si”

Pídelle ao alcalde de Pontevedra, o nacionalista Lores, que se pronuncie sobre a gratuidade do tramo Vigo-Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a reclamar este venres a gratuidade da autoestrada AP-9 e, de forme inmediata, no tramo entre a cidade olívica e a cidade de Pontevedra, pero ha ido máis aló e expresou claramente a súa preferencia sobre que administración debe xestionala: “Se me preguntan a min, eu quero que a xestione España, porque é quen pode pagar, se a xestionase Galicia non podería pagar a indemnización, España si“.

Así o manifestou a preguntas dos medios nunha comparecencia tras unha reunión do goberno local. O rexedor olívico sinalou que lle dá “exactamente igual” quen xestione a Autoestrada do Atlántico, pero expresou a súa preferencia porque sexa o Goberno central. “Complexos niso, ningún. Que a xestione España, pero que o faga con gratuidade“, subliñou.

Caballero incidiu en que “o importante” para el, como alcalde, é que a autoestrada sexa gratuíta e, preguntado acerca da transferencia da AP-9, o alcalde reiterou: “Éme igual, o que me preocupa é que todo aquilo que ten a Xunta non vai, porque non ten diñeiro para que vaia”. Respecto diso, lembrou que as autoestradas autonómicas seguen mantendo as peaxes, e repetiu que, o que lle importa, é que a AP-9 sexa gratuíta e “que a xestione o Estado”. “Está a xestionala mal? Non, o fai ben”, engadiu.

No entanto, matizou que si houbo un momento de mala xestión da Autoestrada por parte do Estado, e foi co goberno de Aznar que prorrogou a concesión ata 2048. “O resto están a facelo ben, pero cando Aznar deu a prórroga, éso si que foi unha navallada a Galicia”, proclamou.

Por outra banda, o alcalde de Vigo, expresou o seu desexo de que o alcalde de Pontevedra tamén se pronuncie, do mesmo xeito que el, sobre a importancia de que se levante a peaxe entre ambas as cidades, e descartou buscar unha fronte común con outros municipios na área de influencia da AP-9. “Eu actúo como alcalde de Vigo, que cada concello faga o que queira”, afirmou.

DESMARCADO DO PSdeG

Con estas manifestacións sobre a xestión da autoestrada, Abel Caballero desmárcase da posición do PSdeG, que apoia a transferencia da AP-9 a Galicia, unha posición que plasmou no Parlamento autonómico co seu respaldo a unha iniciativa dirixida ao Congreso para impulsar a dita transferencia (tamén apoiada por PP e BNG).

Así, en xuño, a Cámara Baixa deu luz verde, co rexeitamento de Vox, á toma en consideración dunha proposición de lei sobre o traspaso. No entanto, dous días despois, o PSOE abstívose na votación dunha iniciativa pactada por PP e BNG para instar o Goberno a transferir a autoestrada, suprimir as peaxes e anular a concesión ata 2048.

De feito, o primeiro en ‘arrefriar’ a posibilidade dese traspaso foi o propio ministro de Transportes, Óscar Puente, que ve difícil encaixe xurídico á transferencia e que tampouco ve viable economicamente o rescate da concesión.

ÚLTIMAS

Prisión para os 9 detidos vinculados cos 1.000 quilos de cocaína intervidos nun colector no porto de Vigo

O xulgado de instrución 4 de Vigo decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza...

Vigo prevé aprobar “de forma inminente” o seu proxecto de zonas de baixas emisións a pesar das críticas do PP por falta de información

O goberno de Vigo asegurou que aprobará "de forma inminente" o seu proxecto de zonas de...

Caballero asegura que “antes de xuño de 2025” estará resolto o concurso para unha nova concesión de bus urbano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que "antes de xuño de...

María Soliña, a muller que desafiou a Inquisición en Cangas

A súa historia segue sendo un recordatorio necesario sobre os perigos do fanatismo, a intolerancia e a represión institucional.