InicioEconomíaFormalizada a firma do convenio da concesionaria de bus de Vigo, tras...

Formalizada a firma do convenio da concesionaria de bus de Vigo, tras máis de tres anos de conflito

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os representantes dos sindicatos CC.OO., UGT e USO, e a empresa concesionaria do bus urbano de Vigo, Vitrasa, formalizaron este xoves a firma do novo convenio colectivo, nun acto na Inspección de Traballo, con mediación do AGA.

Segundo comunicaron os sindicatos, a firma deste acordo pon fin a máis de 3 anos de conflito na concesionaria, con paros e folgas incluídas, aínda que non foi posible a unanimidade, ao desmarcarse do acordo a CIG, que ostenta a presidencia do comité de empresa.

Con todo, na asemblea celebrada para ratificar o pacto coa empresa, a maioría de asistentes deron o visto e prace ao acordo: 175 votos a favor, 80 votos en contra, 3 votos en branco e 5 votos nulos.

O novo convenio contempla unha subida salarial do 2 % correspondente ao ano 2021, e dun 3,1 % para o 2024 (co cobro de atrasos nun máximo de 3 meses). Para o período 2025-27 fíxase unha subida anual do 4 %, e unha claúsula de revisión que garante un punto por encima do IPC de cada ano.

O acordo establece outras medidas, como a elección de vacacións en 6 meses, ou diferentes alternativas para a compensación de horas extras traballadas (non facelas, cobrar ata 80 horas e acumular o resto en días, ou acumulalas en días). Tamén se establece un plus de 30 euros para as xornadas de 24 e 31 de decembro, no caso de que estas finalicen máis tarde das 21,00 horas; e un plus de 30 euros para os condutores do bus turístico e outros servizos especiais. Igualmente, fíxase a realización de 8 contratacións indefinidas, regúlase a xubilación parcial anticipada, e outras medidas de carácter social e laboral.

ÚLTIMAS

Xulgan un home en Vigo por estafar a un amigo cun falso alugueiro

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o vindeiro martes un...

Ecoloxistas alertan dos danos e contamianción a ría tras o apagamento da EDAR de Vigo

As organizacións Amigas dá Terra, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace denunciaron este venres os danos ocasionados á...

Caballero anuncia unha reunión coa RFEF ante o “escándalo” das sedes do mundial: “Esiximos toda a información”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o luns 12 de maio reunirase...

Dous veciños de Vigo detidos por presuntas ameazas ás súas respectivas nais septuaxenarias

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron nas últimas horas a dous veciños da...