InicioSucesosOutra persecución de alto risco polas rúas de Vigo: un condutor foxe...

Outra persecución de alto risco polas rúas de Vigo: un condutor foxe dos axentes circulando de forma temeraria, borracho e drogado

Finalmente, na rúa Simancas perdeu o control do coche, chocando con outro vehículo estacionado e quedando parado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Policía Local de Vigo detivo a un condutor, S.P.L., de 34 anos de idade, como presunto autor de varios delitos contra a seguridade viaria, sendo interceptado na mañá deste mércores tras unha persecución por varias rúas da cidade. Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá, cando un radar móbil da Policía sorprendeu a este vigués circulando a 122 km/h pola parroquia de Alcabre, nunha zona limitada a 50 km/h. Unha patrulla localizouno posteriormente na rotonda de Camilo Veiga en Bouzas e, a pesar de que lle deu o alto, o condutor emprendeu a fuxida a gran velocidade.

Na súa traxectoria, o sospeitoso circulou de forma temeraria, invadindo o carril contrario en varias ocasións e pondo en perigo a seguridade doutros usuarios da vía. Finalmente, na rúa Simancas perdeu o control do coche, chocando con outro vehículo estacionado e quedando parado. O condutor tentou pór de novo en marcha o vehículo, pero os axentes impedíronllo. Ao someterse ás probas de detección de alcol e drogas, deu positivo en ambos os casos: 0,60 mg/l na alcoholemia, e positivo en cocaína no test indiciario de drogas. O home foi detido por varios delitos contra a seguridade viaria.

Este non foi o único incidente destas características nos últimos días, xa que na madrugada do 30 ao 31 de decembro, outro condutor, un home natural de Ourense, tamén tratou de fuxir da policía cando unha dotación lle deu o alto ao comprobar que o seu coche non tiña a ITV, levaba unha luz fundida, e non tiña en vigor o carné. Nese caso, a persecución produciuse por varias vías da cidade olívica e do Porriño, incluíndo tramos pola A-55 e a AP-9, ata que o coche se encaixou contra un muro da factoría de Stellantis e o condutor, que deu positivo en cocaína (e levaba enriba case 5 gramos desa droga), foi detido. Tras pasar a disposición xudicial, a maxistrada acordou o seu ingreso en prisión provisional.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...