InicioMovementos SociaisO 'stolpersteine' de Jaime, asasinado en Mauthausen. Cando a memoria tropeza coa...

O ‘stolpersteine’ de Jaime, asasinado en Mauthausen. Cando a memoria tropeza coa pedra da historia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Nigrán colocou este xoves un ‘Stolpersteine‘ en memoria de Jaime Martínez Pereira, veciño de Gaifar (Panxón) asasinado nos campos de concentración nazis en 1941, converténdose no primeiro testemuño coñecido dunha vítima local do Holocausto.

A ‘stolpersteine’ traducido como ‘a pedra de tropezar’, deseñada polo artista alemán Gunter Demning, foi instalada no lugar exacto onde Jaime viviu, na rúa Gaifar. A inscrición recolle a súa traxectoria vital: “Aquí viviu Jaime Martínez Pereira, nacido en 1917, exiliado en Francia, internado en 1940 en Estrasburgo, deportado en 1940 a Mauthausen. Asasinado o 29.12.1941 en Gusen“.

Stolpersteine en memoria de Jaime Martínez Pereira

Jaime Martínez Pereira, nacido o 30 de abril de 1917, formaba parte dunha familia humilde de Panxón. Segundo relatou a súa sobriña Elvira Farias, presente no acto, “eran sete irmáns e todos morreron moi novos un deles queimado con tan só 3 aniños”. A súa historia reflicte o destino de moitos españois nos campos nazis: dos 8.500 deportados (300 deles galegos), case o 95% estaban en Mauthausen.

O alcalde de Nigrán, Juan González, salientou o compromiso do Concello coa recuperación da memoria histórica. “É fundamental non esquecer estas barbaries para que nunca máis se repitan”, declarou durante o descubrimento da pedra conmemorativa.

Grazas aos arquivos ITS de Bad Arolsen, coñécense os detalles da traxectoria de Jaime: confinado no Stalag VD de Estrasburgo, deportado a Mauthausen o 11 de decembro de 1940, rexistrado como pescador co número de matrícula 5120, trasladado ao Bloque 20 de Gusen o 8 de abril de 1941 e falecido o 29 de decembro dese ano, supostamente por “neumonía”.

O ‘Stolpersteine‘ de Jaime únese aos máis de 72.000 espallados por 20 países europeos, creados polo artista Gunter Demning desde 1992. Cada pedra, de 10 centímetros cadrados, cunha capa de bronce e pé de formigón, conta a historia persoal dunha vítima do nazismo no lugar exacto onde viviu.

O acto contou coa presenza da sobriña de Jaime, Elvira Farias, e representantes da Asociación de Veciños de Panxón, simbolizando o encontro entre a memoria familiar e a memoria colectiva. Un recordatorio permanente que converte cada paso nunha reflexión sobre un dos períodos máis escuros da historia europea.

ÚLTIMAS

Detido en República Dominicana un home condenado por violar e gravar a unha moza en Vigo tras fuxir de España

A Policía Nacional de República Dominicana detivo nas últimas horas a Miguel Ángel Wilson, de...

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...