InicioSucesosInvestigan a unha menor que realizaba prácticas nun turismo coa súa nai...

Investigan a unha menor que realizaba prácticas nun turismo coa súa nai e o seu irmán no Porriño (Pontevedra)

PUBLICADO O

- Advertisement -

Garda Civil investiga a unha menor que foi identificada o sábado 21 de decembro ao volante dun turismo, co que realizaba prácticas de condución acompañada pola súa nai e o seu irmán no municipio pontevedrés do Porriño.

Segundo informou este xoves a Garda Civil, unha patrulla de atestados que realizaba tarefas de vixilancia nun polígono industrial avistou un vehículo que levaba unha traxectoria herrática e no que un dos ocupantes non levaba cinto de seguridade.

Os axentes comprobaron que ao volante do coche estaba unha moza de 15 anos “vestida con bata e zapatillas de casa”, segundo relata a Benemérita na súa nota de prensa, na que informa que o irmán era o encargado de impartir as leccións de condución á menor.

Desta forma, a menor foi proposta para sanción por un delito contra a seguridade viaria, dilixencias que foron remitidas á Fiscalía de Menores. Pola súa banda, o irmán e a nai enfróntanse ao mesmo delito ao considerarse cooperadores necesarios e responsables da menor, polo que se expoñen a de tres a seis meses de prisión.

ÚLTIMAS

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Condenado un avó a 5 anos por abusar sexualmente da súa neta menor de idade en Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación de...

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...