InicioVigo e contornaVigoA UVigo é a oitava universidade máis sustentable de España e sobe...

A UVigo é a oitava universidade máis sustentable de España e sobe case 100 postos a nivel mundial

Pola súa banda, o resto de universidades galegas, a UdC está no posto 483 a nivel mundial, mentres que a USC é o número 454

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) situouse como a oitava universidade máis sustentable de España, cunha puntuación de 73,7 puntos, subindo así case 100 postos a nivel mundial, pasando de ser o número 370 á 281.

Así se desprende do ‘QS World University Rankings: Sustainability 2025’ publicado este martes, que sitúa á institución olívica no oitavo posto da clasificación estatal e o 128 en Europa.

Segundo recolle o Diario da universidade (DUVI), este estudo “constata o bo facer” da UVigo no ámbito da sustentabilidade, destacando que o informe analiza máis de 1.700 unidades de 107 países, incluíndo máis de 550 en todo o continente e 44 españolas.

Esta clasificación baséase no desempeño de cada institución en tres categorías de avaliación: impacto ambiental, impacto social e gobernación.

En concreto, a UVigo situouse como a sexta mellor universidade de España en gobernación, no sétimo posto en impacto ambiental e no 14 en impacto social.

As primeiras na táboa xeral son a Universitat Autònoma de Barcelona, que ocupa o posto 61 do mundo; a Universitat de Barcelona, o 115; a Complutense de Madrid, o 162; a Universitat Politècnica de València, o 179, e a Universidade Carlos III de Madrid, o 209. A nivel mundial, a universidade de Toronto lidera a clasificación.

Pola súa banda, o resto de universidades galegas, a UdC está no posto 483 a nivel mundial, mentres que a USC é o número 454.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...