InicioSucesosDetidos un veciño de Nigrán e un preso de Pereiro de Aguiar...

Detidos un veciño de Nigrán e un preso de Pereiro de Aguiar en terceiro grao por roubos en dúas farmacias e un estanco

"Os asaltos eran realizados polos dous homes portando ambos os coitelos nas mans, cubríndose parte do rostro con bufandas e nun dos casos con pasamontañas, ameazando ás empregadas dos establecementos e subtraendo a recadación das máquinas rexistradoras", explicou a Garda Civil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo nas últimas semanas a un veciño de Nigrán e a un preso do cárcere de Pereiro de Aguiar, en situación de terceiro grao, como presuntos autores de tres roubos con intimidación en establecementos situados na devandita localidade pontevedresa. Tal como informa a Benemérita nun comunicado, os feitos ocorreron a principios deste mes de decembro en dúas farmacias e un estanco de Nigrán. Así, o día 4 de decembro, un home de 58 anos, veciño do municipio, foi detido tras supostamente cometer un roubo con violencia en grao de tentativa nunha farmacia de Panxón.

Alí, portando un coitelo e ocultando o seu rostro cun pasamontañas, ameazou de morte á farmacéutica para que lle entregase a recadación do día, aínda que finalmente non conseguiu levar o diñeiro. Por iso, o home saíu fuxindo, desprendéndose da roupa e da arma, aínda que foi interceptado polos axentes da Garda Civil e da Policía Local de Nigrán. Tras investigar o ocorrido, o día 8 tamén foi detido un home de 59 anos, veciño de Ourense que, mentres gozaba dun terceiro grao penal, participaría en polo menos outros dous atracos xunto co outro home.

“Os asaltos eran realizados polos dous homes portando ambos os coitelos nas mans, cubríndose parte do rostro con bufandas e nun dos casos con pasamontañas, ameazando ás empregadas dos establecementos e subtraendo a recadación das máquinas rexistradoras”, explicou a Garda Civil. O primeiro detido foi posto a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 5 de Vigo, que decretou o seu ingreso en prisión. Ambos tiñan un “amplo” historial de antecedentes policiais por feitos semellantes, segundo engade a Benemérita.

ÚLTIMAS

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

Belén Aguilera chega a Vigo antes das eleccións do 29N: “Como artista e como muller, dáme medo o que poida pasar, pero non vou...

Hai artistas para os que cada disco representa un cambio de pel, unha necesidade...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...