InicioVigo e contornaVigoO BNG esixe "transparencia" a Caballero sobre a tramitación do novo convenio...

O BNG esixe “transparencia” a Caballero sobre a tramitación do novo convenio co Celta sobre Balaídos

O grupo nacionalista pediu que se aclare a repartición de cargas e custos en relación ao estadio para evitar que o novo acordo supoña, na práctica, "a privatización do estadio municipal", cuxa reforma suporá "como mínimo" 60 millóns de investimento

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo reclamou ao alcalde, Abel Caballero, “transparencia” na tramitación do novo convenio co Real Club Celta sobre o uso do estadio de Balaídos.

O portavoz do grupo, Xabier Pérez Igrexas, lembrou que o acordo anunciado polo alcalde non se publicou e que tampouco se explicou o motivo de renovar un convenio que aínda está vixente (ata 2034). Igualmente, preguntou “cal é o interese público que xustifica ir a un acordo de 50 anos”.

O grupo nacionalista pediu que se aclare a repartición de cargas e custos en relación ao estadio para evitar que o novo acordo supoña, na práctica, “a privatización do estadio municipal”, cuxa reforma suporá “como mínimo” 60 millóns de investimento.

Por outra banda, o BNG tamén reclamou que se condicione este novo acordo a que o Celta manteña o seu vínculo como club da cidade, e que se introduzan cláusulas que permitan resolver o convenio se se vende o club ou se produce unha entrada maioritaria de capital estranxeiro no accionariado.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...