InicioMedio Ambiente e PatrimonioDeclarados zona de seguridade a efectos cinexéticos os terreos da comunidade de...

Declarados zona de seguridade a efectos cinexéticos os terreos da comunidade de montes de Beade

Tal como se recolle na lei de caza de Galicia, zonas de seguridade son aquelas nas cales hai que adoptar medidas precautorias especiais para garantir a integridade física e a adecuada protección das persoas e bens.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, de conformidade co establecido na lei de caza de Galicia, declarou como zona de seguridade para os efectos cinexéticos os terreos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Beade, no Concello de Vigo. Así o publica este luns en Diario Oficial de Galicia (DOG), que recolle a delimitación deste monte para os efectos de zona de seguridade para a caza.

Tal como se recolle na citada lei, zonas de seguridade son aquelas nas cales hai que adoptar medidas precautorias especiais para garantir a integridade física e a adecuada protección das persoas e bens. “Prohíbese en todas as zonas de seguridade circular con armas cargadas, usalas ou disparar en dirección a elas de modo que poidan ser alcanzadas, con perigo para as persoas ou os seus bens, salvo que se dispuxese de autorización expresa para cazar nese terreo”, engade a lei.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...