InicioMedio Ambiente e PatrimonioDetido un home en Vigo que tiña ilegais cabezas de león, tigre,...

Detido un home en Vigo que tiña ilegais cabezas de león, tigre, oso e puma disecados

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home foi detido en Vigo pola Garda Civil con máis dunha ducia de animais disecados sen autorización, entre os que se atopaban varias cabezas de león, de tigre, de oso ou de puma.

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) acúsao dun delito contra a flora e a fauna, e formulouse unha denuncia administrativa por unha posible infracción de contrabando.

Co apoio da Patrulla Fiscal e Fronteiras de Vigo, o Seprona incautouse dun total de 15 exemplares disecados de aves silvestres e mamíferos. As pezas foron intervidas por carecer das preceptivas autorizacións e certificacións que acreditasen a súa legal tenencia e a súa procedencia.

Entre os animais disecados hai un exemplar de azor –especie en réxime de protección especial–, varias cabezas de león, tigre, oso e puma, así como a cornamenta de varios antílopes.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...