InicioVigo e contornaVigoVigo 'pecha' o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso nivel LARANXA (Boletín 90/71GAL ampliación) por ventos costeiros S/SW con forza 8, e previsión de afectación ás Rías Baixs a partir das primeiras horas da madrugada do 24 de novembro, o Concello de Vigo acordou adoptar as seguintes medidas de protección civil.

  • Suspénder as actividades recreativas de iniciativa pública (ante o temporal) ao aire libre: A nora suspende a súa actividade desde as 21:00 horas de hoxe ata as 17:00 horas do luns, 25 de novembro.
  • Suspéndense as visitas á árbore de Nadal da Porta do Sol o domingo 24 de novembro. Quedará restrinxida así mesmo a circulación peonil no ámbito da árbore de Nadal en cumprimento do protocolo de seguridade da súa instalación.
  • As zonas verdes permanecerán pechadas desde as 19:00 horas de hoxe ata a comunicación de finalización do fenómeno meteorolóxico adverso.
  • Recoméndase a completa retirada da vía pública de todas as instalacións das terrazas de hostalería durante toda a duración do fenómeno meteorolóxico adverso.
  • Recórdase a necesidade de asegurar as portas, fiestras, toldos e calquera elemento susceptible de causar danos propios ou a terceiros.
  • Recórdase a conveniencia de circular con atención respecto de elementos mobles ou inmobles susceptibles de causar danos (muros ou edificacións en mal estado), e prestar especial atención ás persoas maiores, aos nenos e ás persoas con discapacidade

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...