InicioVigo e contornaVigoEcoloxistas piden ao alcalde de Vigo que non coloquen luces de Nadal...

Ecoloxistas piden ao alcalde de Vigo que non coloquen luces de Nadal en árbores e paren as “podas drásticas”

A Asociación Amigas dás Árbores de Vigo, asegura que estas prácticas infrinxen a ordenanza de zonas verdes e espazos naturais de Vigo, así como o prego de condicións do contrato de mantemento das zonas verdes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Amigas das Árbores de Vigo presentou este mércores un escrito dirixido ao alcalde, Abel Caballero, no que esixe o fin de “podas drásticas” e da instalación de luces de Nadal en árbores.

Esta organización, que ten como obxectivo a protección e a conservación do patrimonio arbóreo da cidade, expresou nun comunicado a súa “profunda preocupación” pola repetición de “podas severas” que afectan á vitalidade das árbores, así como a colocación de luces e outros elementos decorativos que, segundo denuncian, “vulneran a normativa municipal e comprometen a saúde e a integridade das árbores”.

A asociación asegura que estas prácticas infrinxen a ordenanza de zonas verdes e espazos naturais de Vigo, así como o prego de condicións do contrato de mantemento das zonas verdes.

No escrito enviado a Caballero, advirten de que estas podas alteran o crecemento natural das árbores, polo que os debilitan e fanos máis vulnerables a pragas e enfermidades. Ademais, a instalación de luces impón tensións adicionais sobre as ramas e altera os ciclos biolóxicos, segundo engaden.

Por todo iso, instan o Concello a cesar estas prácticas e propoñen que se busquen alternativas de iluminación para Nadal que non interfiran co arborado urbano.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...